Santiago de Compostela acollerá por cuarta vez, do 18 ao 20 de xuño de 2025, as investigadoras e investigadores do Atlas Linguistique Roman (ALiR) no seu XXV Simposio Internacional. A xornada do xoves 18 encóntrase aberta ao público xeral e non é necesaria a inscrición previa para poder asistir.
Novidades
-
19/06/25
!
XXV Simposio Internacional do Atlas Linguistique Roman
-
19/06/25
!
Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza
O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 8 de xuño encóntrase aberto o prazo de inscrición.
-
16/06/25
!
Investigadoras do ILG na Xornada Con-Ciencia
As investigadoras do ILG Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 16 de xuño na II Xornada de Experiencias Con-Ciencia co obradoiro Consigue o teu título de detective lingüístico. O alumnado de 1.º de bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira puido achegarse dun xeito lúdico á investigación lingüística do galego a través de distintos recursos en liña desenvoltos no ILG.