Novidades

  • Destacado

    XXV Simposio Internacional do Atlas Linguistique Roman

    19/06/25

    Santiago de Compostela acollerá por cuarta vez, do 18 ao 20 de xuño de 2025, as investigadoras e investigadores do Atlas Linguistique Roman (ALiR) no seu XXV Simposio Internacional. A xornada do xoves 18 encóntrase aberta ao público xeral e non é necesaria a inscrición previa para poder asistir.

  • Destacado

    Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza

    19/06/25

    O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 8 de xuño encóntrase aberto o prazo de inscrición

  • Destacado

    Investigadoras do ILG na Xornada Con-Ciencia

    16/06/25

    As investigadoras do ILG  Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 16 de xuño na II Xornada de Experiencias Con-Ciencia co obradoiro Consigue o teu título de detective lingüístico. O alumnado de 1.º de bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira puido achegarse dun xeito lúdico á investigación lingüística do galego a través de distintos recursos en liña desenvoltos no ILG.

  • Destacado

    Visita de estudantes da Philipps-Universität Marburg

    13/06/25

    O pasado 13 de xuño recibimos a visita dun grupo de estudantes de Filoloxía Hispánica da Philipps-Universität Marburg, que puideron coñecer o ILG e o traballo que se leva a cabo no centro.

  • Destacado

    Visita da URALIC Centre for Indigenous Peoples ao ILG

    09/06/25

    A delegación da organización estoniana URALIC Centre for Indigenous Peoples, ONG con base en Estonia que promove os dereitos lingüísticos das comunidades indíxenas, especialmente do ámbito urálico, visitou o 9 de xuño o noso centro na compaña de Marcos Maceira, presidente de  A Mesa.

  • Destacado

    Nova lista de difusión de CLARIAH-GAL

    17/03/25

    CLARIAH-GAL, nodo galego de CLARIAH-ES coordinado polo Instituto da Lingua Galega e que conta coa colaboración do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, conta desde hai uns días cunha lista de difusión para informar sobre as novidades relacionadas coas infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH e coas Humanidades Dixitais en xeral.

  • Destacado

    Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego

    22/11/24

    Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.

  • Conferencia de Anik Nandi no ILG

    11/06/25

    Anik Nandi, profesor da Woxsen University (India), ofrecerá o mércores 11 de xuño a conferencia Micropolíticas familiares e a cidadanía sociolingüística dos proxenitores galegos e vascos: ideoloxías, xestión e prácticas de revitalización lingüística. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega e o ILG, terá lugar lugar na sala de divulgación do noso centro ás 13 h.

  • V Congreso Toponomasticon Hispaniae. O camiño hispánico do étimo aos topónimos

    09/06/25

    Encóntrase aberto ata o 31 de maio o período de inscrición para asisitir ao V Congreso Toponomasticon Hispaniae, último da primeira fase do proxecto do mesmo nome e que terá lugar do 9 ao 11 de xuño de 2025 na Facultade de Filoloxía da USC.

  • Congreso da AGANTRO sobre a emerxencia lingüística

    06/06/25

    O vindeiro 6 de xuño a Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO) celebra o seu congreso anual no ILG baixo o título A antropoloxía galega fronte á emerxencia lingüística: respostas e propostas. A asistencia ao encontro é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala, pero é necesario inscribirse ata o 30 de maio ás 12 h.

Páxinas