Investigadoras do ILG na Xornada Con-Ciencia

Data: 
luns, Xuño 16, 2025 - 12:00
Imaxe: 

As investigadoras do Instituto da Lingua Galega Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 16 de xuño na II Xornada de Experiencias Con-Ciencia, organizada por Marta Gómez Pato e Luz Zas Varela, responsables do programa A Ponte da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo é fomentar o interese na ciencia e na investigación desenvolvida na Facultade de Filoloxía entre os estudantes de 4.º da ESO e 1.º de bacharelato dos centros de ensino secundario.

Negro e Rodríguez levaron a cabo o obradoiro Consigue o teu título de detective lingüístico co alumnado de 1.º de bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira, que tivo a oportunidade de achegarse dun xeito lúdico á investigación lingüística do galego a través de distintos recursos en liña desenvoltos no ILG.

A realización desta actividade enmárcase nunha liña de difusión e de achegamento á sociedade do traballo que se desenvolve no Instituto e que se está a reforzar nos últimos tempos, especialmente coa recepción de alumnado de secundaria na sede do centro.