O persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela interesado en vincularse ao Instituto da Lingua Galega poderá enviar a súa expresión de interese ata o 30 de maio de 2025.
Novidades
-
Aberta a convocatoria para vincularse ao ILG
30/05/25 -
II Xeira CLARIAH-GAL
09/05/25A II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
-
Ciberviolencia sexual: ferramentas para a prevención
22/04/25Sabela Salgueiro, traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero, falará sobre ferramentas para previr a ciberviolencia sexual o 22 de abril, ás 16:30 h, na sala de divulgación do Instituto da Lingua Galega da USC. Tamén poderá seguirse en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
O Validatón pechou a súa segunda edición con 10.000 fragmentos gravados e validados en Common Voice
11/04/25Onte pola tarde rematou no Instituto da Lingua Galega o Validatón 2025, maratón en que participou unha trintena de persoas. Grazas a elas conseguíronse 13 h de contribución total aos datos de voz en galego en Common Voice, das que aproximadamente 6 h son de gravación, e acadáronse arredor de 10.000 fragmentos gravados e validados. Na sesión presencial creáronse case 2.000 frases que contribuirán a incrementar o número e a diversidade dos enunciados dispoñibles para a súa lectura na plataforma.
-
Validatón 2025: axúdanos a impulsar a tecnoloxía da fala en galego!
10/04/25O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Haberá premios en metálico para cada unha das persoas gañadoras de cada categoría e para a persoa con máis contribucións totais, ademais dalgunha sorpresa e dun pequeno agasallo para o alumnado participante.
-
Presentouse en Filoloxía o 'Manual of Galician Linguistics'
09/04/25O pasado 3 de abril tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a presentación da obra Manual of Galician Linguistics, publicada por De Gruyter. No acto interviñeron Xulio Sousa e Ernesto González Seoane, editores do volume, e Víctor Longa, profesor da Facultade de Filoloxía.
-
CLARIAH-GAL participa no IV Workshop de CLARIAH-ES
05/04/25O Centro de Supercomputación de Castilla y León (SCAYLE) acolleu os días 3 e 4 de abril o IV Workshop de CLARIAH-ES, en que participaron representantes de todos os nodos integrantes. Nesta ocasión, María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei representaron o nodo CLARIAH-GAL.
-
Aberto o prazo de preinscrición dos cursos "Galego sen fronteiras"
04/04/25O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia "Galego sen fronteiras". A preinscrición desta 35.º edición encóntrase aberta e pode realizarse ata o 4 de abril a través do blog dos cursos .
-
Henrique Monteagudo, novo presidente da RAG
04/04/25O pleno da Real Academia Galega, reunido na tarde de hoxe en sesión extraordinaria, apoiou a candidatura do investigador do ILG Henrique Monteagudo á presidencia. O décimo cuarto presidente da RAG estará acompañado na comisión executiva por Ana Boullón Agrelo, María López-Sández, María Dolores Sánchez Palomino e Lourenzo Fernández Prieto.
-
Presentación do 'Manual of Galician Linguistics'
03/04/25O xoves 3 de abril, ás 12:30 h, vaise presentar o volume Manual of Galician Linguistics, publicado en De Gruyter, no salón de graos da Facultade de Filoloxía. No acto intervirán Ernesto González Seoane e Xulio Sousa, editores da obra, e o profesor da Facultade de Filoloxía da USC Víctor Longa Martínez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »