O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o mércores 2 de abril, ás 12 h, a conferencia "O português na paisagem linguística de Macau" no salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC).
Novidades
-
Conferencia do profesor João Veloso sobre o portugués en Macau
02/04/25 -
Ciclo de conversas coas mulleres do ILG. II Faladoiro con Alba Aguete Cajiao
27/03/25No II Faladoiro contaremos con Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora do ILG, quen nos falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.
-
Iniciación á Estatística para Lingüistas
19/03/25Este curso de iniciación ás técnicas estatísticas componse dunha parte teórica e dunha parte práctica que serán impartidas respectivamente por Rosa Crujeiras, da Universidade de Santiago de Compostela, e por Alba Aguete Cajiao, da Universidade de Salamanca e colaboradora do noso centro, os días 19, 20, 24, 25 e 26 de marzo na sede do Instituto
-
Ramón Mariño e José António Souto Cabo presentan o seu novo libro
13/03/25O 13 de marzo vai ter lugar a presentación do libro De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, de Ramón Mariño e José António Souto Cabo, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. -
Publícase un informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do IGE
13/03/25Henrique Monteagudo, Xaquín Loredo e Gabino S. Vázquez son os autores deste informe, publicado pola Real Academia Galega, que analiza a enquisa do Instituto Galego de Estatística de 2023 e a evolución sociolingüística de Galicia desde 1992 ata 2023. -
Obradoiros para TFG/TFM na Facultade de Filoloxía
25/02/25Os membros do ILG Iván Arias, Maite Sanmarco Bande e Xulio Sousa participan nos Obradoiros para TFG/TFM organizados pola Facultade de Filoloxía da USC e dirixidos a todo o alumnado do centro.
-
O dicionario 'Nomes galegos das aves de Galicia e España' dispoñible en liña
25/02/25O novo dicionario no que colaboran os membros do ILG Manuel González González, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina e María Dolores Sánchez Palomino está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega.
-
'As cousas polo seu nome', novo web para restituír o teu apelido ó galego
25/02/25A investigadora do ILG Ana Boullón colabora nesta nova iniciativa da comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía da USC, que achega todos os pasos necesarios para adecuar os apelidos á súa forma galega orixinal.
-
Nova publicación sobre o Seminario de Estudos Galegos
19/02/25Henrique Monteagudo edita xunto a Ramón Villares o volume Saber de Nós. O Seminario de Estudos Galegos, publicado en liña polo Consello da Cultura Galega.
-
Xosé Carracedo edita o volume 'Opera II: Ars grammatica', do bispo Xulián de Toledo
19/02/25Acaba de saír do prelo o volume Opera II: Ars grammatica, editado polo investigador do ILG Xosé Carracedo na editorial Brepols.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »